Rutas BTT

 

Ruta Rapa das bestas

O ciclismo de montaña é un xeito saudable de gozar da natureza. A ruta BTT Rapa das Bestas achéganos aos valores culturais e paisaxísticos dunha das tradicións que forxa a nosa identidade como concello.

  • Traks e máis información: www.bikestrada.com
  • Distancia : 54 – 90 km (varios percorridos)
  • Época recomendada: todo o ano
  • Tempo necesario: 5-7 h
  • Dificultade: alta

Ruta do Salmón

A ruta BTT do Salmón é un percorrido polo val do Ulla e os seus afluentes, un sistema fluvial, declarado Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), onde se reproduce o salmón atlántico, protagonista da festa gastronómica máis nomeada do concello da Estrada.

  • Traks e máis información: www.bikestrada.com
  • Distancia: 38,21 km
  • Época recomendada: todo o ano
  • Tempo necesario: 4 h
  • Dificultade: media