Rutas de Pequeno e Gran Percorrido Homologadas (PR e GR)

 

Ruta das Canteiras da Pena Mona

PR-G 136 en proceso de homologación pola FGM.

A Ruta das Canteiras da Pedra Mona transcorre por Magán, Requián e Vilariño. O punto de unión entre as tres aldeas está no Xesteiras, cumio dun monte que domina as comarcas de Ulla-Umia e Tabeirós. Durante o percorrido descubrirás sobreirais, carballeiras, regatos e senlleiras pedras como as Escorregadas, da Aguia ou a Mona, linde de tres concellos; o vello camiño de arrieiros e muíños, hórreos, graneiras e fontes; e destacados bens eclesiásticos como as Capelas de santa Lucía e a dos Milagres. Todo, nunha fermosa paisaxe e cunhas vistas inigualables da desembocadura do Ulla.

Punto de inicio e fin: Magán/Requián

Dificultade física: Media

Dificultade terreo: Media

Tempo: 4 horas

Distancia: 14 quilómetros

Traks e máis información: http://montesdemagan.com/sendeirismo.html

GR 94 Rural de Galicia

O sendeiro GR 94 percorre 126 km entre o mar e a montaña. Coñecido polas vistas panorámicas sobre a ría de Vigo, visita o castelo de Soutomaior e os petróglifos de Campolameiro antes de entrar no concello da Estrada.

Traks e Máis información: http://fgmontanismo.es/sendeiros/gr/

Vesacarballa e Serra do Mestre

Pequena ruta circular polos muíños de Vesacarballa e Serra do Mestre en Sabucedo.

Punto de saída: Sabucedo. Fronte ao cruzamento de entrada á aldea.

Distancia: inferior a 2 km.