Festas Gastronómicas

 

Festa do Salmón

A Festa do Salmón, creada en 1974, foi declarada Festa de Interese Turístico en 2013. Con máis de catro décadas de historia é un dos principais eventos gastronómicos de Galicia e está profundamente vencellada á tradición da pesca do salmón no río Ulla.

Celébrase a terceira semana do mes de maio: concurso de tapas nos bares da Estrada, degustación o domingo pola mañá e ruta BTT do Salmón.

Máis información: www.festadosalmon.com

Festa da Sidra

Sabemos que a produción de mazá e de sidra no concello da Estrada se remonta polo menos á Idade Media. Á Festa da Sidra acuden, ademais dos locais, produtores de toda Galicia, Asturias, Zamora, Cantabria, País Vasco e outros países.

Festa do Escalo

O primeiro domingo de agosto no couto de Xirimbao, na parroquia de Couso. Concurso de pesca na que existen dúas categorías, adulto e infantil. Co que se captura faise unha degustación gratuíta elaborada de varias formas.

Festa do Carneiro ao Espeto de Loimil

Na parroquia de Loimil o último domingo de maio. Festa gastronómica na que se cociña o carneiro ao espeto acompañado de ensalada e patacas. No menú tamén vai incluído un primeiro prato, sobremesa, café e bebida. Prezo aproximado 25 euros.

Festa dos Callos

Na parroquia de Matalobos, en decembro. Callos, pan, viño, postre, café e a cazola de regalo. Música tradicional e á tardiña orquestras para bailar e moito máis. Prezo aproximado 10 euros por persoa.