Nanogastronomía, Sidra, Viños e Tapas

 

Definición de tapa: porción pequena de comida que se toma, polo xeral, para acompañar unha bebida.

Goza da mellor selección de viños galegos e da exquisita sidra da Estrada, de mazá autóctona e cultivo ecolóxico.

Suxerimos varios circuítos, por zonas e por proximidade de establecementos:

Circuíto 1 – Zona da alameda e da feira

Cafeterías e restaurantes con renome, a tapa máis selecta.

Circuíto 2 – Zona centro e zona dos viños

Viñotecas e tabernas cun ambiente lúdico para todas as idades.

Circuíto 3 – Av. Benito Vigo, Av. de Pontevedra e Av. de Santiago

Bares e restaurantes de gran tradición na Estrada, asadores e cervexerías.

 

Regularmente prográmanse concursos e eventos relacionados co tapeo: Santa Tapa (Semana Santa), Tapéalle Cogomelos (outono), Tapas do Salmón (durante a Festa do Salmón), as merendas da zona dos viños…