Ocio e Cultura

 

A Estrada respira cultura: cine, espectáculos musicais, teatro, exposicións e moito máis. Descárgate esta aplicación e consulta a axenda cultural da Estrada: http://aestrada.com/index.php/gl/

 

Imos de festa

As 51 parroquias que forman o concello organizan as súas festas ofrecendo a máis variada programación: devoción, tradición, gastronomía, festivais folks, orquestas, pop-rock e indie, bandas de música e por suposto sesión vermouth e polbo á feira.

 

Indispensables:

 

Entroido e Xenerais do Ulla

Varias parroquias estradenses posúen un orixinal entroido rural do que temos testemuños dende mediados do século XIX.
Ler máis

San Xoán do Areal de Berres

O san Xoán do Areal de Berres celébrase a carón do río Ulla na praia fluvial do Areal.
Ler máis

Festas Patronais de San Paio

As festas patronais de san Paio dan paso a tempada estival na vila da Estrada.
Ler máis

Rapa das Bestas de Sabucedo

Esta festa é unha das as máis elevadas manifestacións de autenticidade, identidade e vontade colectiva de todas as que integran o noso vasto legado cultural.
Ler máis

Santa Margarita de Callobre

Unha das máis concorridas por traer cada ano as mellores orquestas de Galicia. O 20 e o 21 de xullo.

Ambiente nocturno

Extensa zona de viños e pubs con varios ambientes.