Coutos

Couto de Codeseda


Acouta o río Umia durante 8,2 km entre a Presa de Loureiro e a Ponte de Paradola.

Couto de Rubín

Acouta o río Curantes durante 7,1 km entre Ponte Bede e a desembocadura no río Liñares.

Couto de Souto de Vea

Acouta o río Vea durante 5,2 km entre a Ponte Ribeira e a Ponte de Riba de Vea.

Couto de Ponte Liñares

Acouta o río Liñares durante 8,1 km entre a desembocadura do regato de Tabeirós e o Salto da Devesa.

Couto de Sinde

Entre A Estrada e Padrón, acouta o río Ulla durante 0,6 km. O límite inferior é a desembocadura do Regato de Fontao e o superior é a Presa de Sinde. É o couto máis preto ao mar polo que é a primeira parada do salmón.

Couto de Ximonde

Entre A Estrada e Vedra, acouta o río Ulla durante 1 Km. O límite inferior está na Canle de Cubelas e o superior está a 200 metros auga abaixo da Presa de Ximonde.

Couto Couso ou do Xirimbao

Entre A Estrada e Padrón, acouta o río Ulla durante 0,5 km. O límite inferior está a 100 metros abaixo da Pedra de Fernández e o límite superior é A Presa. Neste lugar celébrase a festa do Escalo, o primeiro domingo de agosto.

Couto de Ponte Ribela

Tramo de pesca sen morte situado na Tosta do muíño dos Lourenzos, na Ponte de Ribela, comprende o río Umia aproximadamente 560 metros augas arriba do límite superior do Couto de Codeseda.

Normativa de Pesca sen Morte

As normas nos coutos e tramos de pesca sen morte autorizan unicamente a mosca artificial nas súas distintas modalidades e a culleriña cun só anzol e sen arponciño, quedando prohibido para todos os efectos o engado natural. Todas as capturas deberán ser devoltas á auga inmediatamente despois da súa extracción. Non se poderá ter ningún peixe, aínda que fose pescado noutro tramo. Os mércores poderán reservarse os permisos de couto para actividades educativas solicitadas por entidades interesadas na mellora do medio fluvial. Nestes casos expediranse os permisos gratuitamente, podéndose ampliar o número de máximos permisos por causas xustificadas.