A Media Hora

Santiago de Compostela

A cidade do apóstolo Santiago ten moito que ofrecer, a catedral, a cidade medieval, a explosión do barroco, etc. Pero Santiago é moito máis, museos, xardíns, a praza de abastos… Podes achegarte percorrendo os últimos quilómetros do camiño de Santiago desde a Estrada. Máis información: http://www.santiagoturismo.com/

 

Área Santiago

16 municipios próximos a Santiago e á Estrada, ambos incluídos, coordinan os seus recursos turísticos e a súa axenda cultural para ofrecerche unha ampla carta de posibilidades. Máis información: http://www.areasantiago.es/

 

Rías Baixas

Nas rías baixas poderás gozar das mellores praias, marisco e viños brancos do mundo. Máis información: http://www.riasbaixas.depo.es/