Natureza

Unha parte moi importante do territorio estradense atópase dentro da Rede Natura 2000, a rede ecolóxica de áreas de conservación da biodiversidade da Unión Europea.
Destacan o sistema fluvial formado polo Ulla e os seus afluentes e os espazos húmidos de montaña coñecidos como a Lagoa Sacra e Brañas de Xestoso.

 

As Brañas de Xestoso e a Lagoa Sacra de Olives son zonas húmidas protexidas de media montaña.

 

Monte-CabalarMontañas de referencia na paisaxe estradense. Humanizadas desde a prehistoria, conservan os vestixios de varias necrópoles megalíticas e algún dos castros máis antigos de Galicia.

 

Fervenzas-de-CurantesO río Curantes, afluente do Liñares, forma un fermoso espazo natural onde podemos atopar dúas fervenzas.

 

A sobreira máis antiga de Galicia e a camelia máis representativa da especie en Europa están na Estrada.

 

Miradoiro-de-San-Miguel-de-CastroElevación natural ao pé do camiño de Santiago desde a que se estenden as vistas cara o Pico Sacro (a montaña máis mítica de Galicia) e os meandros do río Ulla.

 

O-Areal-Arte-e-RecreoO areal é un espazo ao carón do Ulla que podemos cualificar de performativo. Lugar de creación artística, recreo e celebracións cun toque máxico, como a festa do san Xoán.

 

Couto-de-Sinde-e-Praia-Fluvial-do-VaoO couto salmoneiro de Sinde é o máis próximo ao mar, polo tanto o primeiro ao que chegan os salmóns.

 

Couto-de-Couso-ou-XirimbaoO couto de Couso ou couto do Xirimbao é outro dos lugares tradicionais para a pesca do Salmón. Conta cun salto de auga de gran tamaño e cunha ponte colgante.

 

Couto-de-XimondeO couto salmoneiro de Ximonde é un dos máis importantes de Galicia. Acolle cada mes de maio o Concurso Internacional de Pesca de Salmón.