Área Recreativa do Couto de Ximonde

 

O couto salmoneiro de Ximonde é un dos máis importantes de Galicia. Acolle cada mes de maio o Concurso Internacional de Pesca de Salmón, evento incluído na programación da Festa do Salmón.

Conta con paneis interpretativos e unha estación ictiolóxica de cría e reprodución. Lugar para o paseo e a fotografía de natureza. Incluído dentro da Ruta btt do Salmón.

Atravesando a ponte colgante enlazamos co PR-G36 Sendeiro de San Xoán da Cova.

Rutas de sendeirismo guiadas para grupos.

Máis información:

http://www.tesourosnovos.com

http://www.senderuta.es

 

ICONOS-XIMONDE