As Fervenzas do Río Curantes

 

O río Curantes, afluente do Liñares, forma un fermoso espazo natural onde podemos atopar dúas fervenzas denominadas “Picho da Fervenza” e “Poza de Maimón”. Estes saltos de auga eran aproveitados para a instalación de muíños, algúns deles restaurados. Este pequeno val nas ladeiras do monte san Sebastián está declarado de Interese Paisaxístico.