Lagoa Sacra de Olives e Brañas de Xestoso

 

As Brañas de Xestoso e a Lagoa Sacra de Olives son zonas húmidas protexidas de media montaña. Forman parte da Rede Natura e sitúanse a uns 700 metros de altura sobre o nivel do mar. Teñen máis de 1.000 hectáreas e formáronse despois da última glaciación, hai uns 12.000 anos. Están consideradas a mellor representación de turbeiras ácidas de esfagno (musgos propios das tundras) de toda Galicia.

Estas brañas son un dos últimos redutos para moitas clases de réptiles e anfibios e acubillan plantas e animais autóctonos e propios de hábitats esteparios. Tamén se poden atopar aguiachos, falcóns, aguias brancas e trigueiros; ademais de mamíferos coma raposos e lobos.

Existen lendas que fan referencia a unha batalla contra os mouros, na que houbo moitos mortos que foron depositados na lagoa amurallándoa de seguido para que non fose profanada. A lagoa é de carácter estacional secando durante o verán.

Rutas de sendeirismo e BTT. Máis información:

www.tesourosnovos.com

www.senderuta.es

 

ICONOS-BRAÑAS-DE-XESTOSO