Monte Cabalar, Montes de Sabucedo, Cávado e Monte Xesteiras

 

Montañas de referencia na paisaxe estradense. Humanizadas desde a prehistoria, conservan os vestixios de varias necrópoles megalíticas e algún dos castros máis antigos de Galicia. Hoxe dedícanse á cría de gando en extensivo e nelas habitan greas de cabalos salvaxes como as que participan na Rapa das Bestas.

A través da ruta Rapa das Bestas podemos percorrer, dunha vez ou por etapas, os montes Cabalar, do Cávado e de Sabucedo.

Coñece o monte Xesteiras a través da ruta de sendeirismo PR- G 136 As canteiras da Pedra Mona. Destacan as vistas sobre a ría de Arousa e o interior da provincia de Pontevedra.

A cooperativa Monte Cabalar é unha experiencia de aproveitamentamento do monte en réxime de silvopastoreo que agrupa máis de 1000 propietarios.

A través de varias rutas (a pé ou btt) pódense percorrer as instalacións repletas de cabalos de raza galega, vacas, cabras…

Máis información: www.montecabalar.aestrada.com

 

ICONOS-MONTE-CABALAR

Monte Cabalar

Montes de Sabucedo e Cávado

Monte Xesteiras