Rapa das Bestas de Sabucedo

 

Sabucedo é unha parroquia situada no sur do concello da Estrada (Pontevedra) cunha extensión de 5,9 Km2. Conta cunha soa entidade de poboación e na actualidade non supera os 60 habitantes. Porén, en Sabucedo ten lugar unha das máis elevadas manifestacións de autenticidade, identidade e vontade colectiva de todas as que integran o noso vasto legado cultural: A rapa das bestas de Sabucedo.

Declarada Festa de Interese Turístico Internacional, conta con máis de 400 anos de historia. A rapa das bestas comeza rememorando o vínculo ancestral das bestas co divino. Durante a misa da alborada pídeselle protección a san Lourenzo para os animais e as persoas que participan na festa. A continuación súbese ao monte na procura dos cabalos. Veciños e visitantes colaboran en grupos xuntando as greas. Finalmente, o sábado, condúcense nun grande cerco á aldea.

A parte máis espectacular da festa é o curro, onde aloitadores e cabalos confrontan técnica e forza corpo a corpo nunha loita para dominar o animal e cortarlle as crinas.

Existe unha zona de acampada habilitada e unha sorprendente oferta de ocio nocturno.

Ten lugar a primeira fin de semana de xullo.

Máis información: http://www.rapadasbestas.es

Actividades durante todo o ano:

– Conxunto etnográfico Vesacarballa e Serra do Mestre

– Sendeirismo e BTT na ruta Rapa das Bestas

– Rutas de sendeirismo guiadas para grupos. Máis info: 986 570 165

Albergue turístico de Sabucedo

Campo do Medio, s/n. Sabucedo | alberguedesabucedo@aestrada.com  | Tlfs: 986 570 997 | 609 886 291