Románico

 

Nomeadas en bulas papais, privilexios reais e outros documentos, a Estrada conserva ata 19 igrexas datables entre os s. X e XIII.

A través das Rutas do Románico poderás descubrir a historia de antigos mosteiros e igrexas, comparar tradicións construtivas e adiviñar o significado das figuras e inscricións esculpidas nas súas pedras.

Rememora as viaxes das cuadrillas de canteiros que a partir do ano 1000 edificaron unha nova paisaxe en pedra nas proximidades de Compostela.

As Rutas do Románico

Visitas guiadas ás igrexas baixo concertación durante todo o ano para grupos e ao público en xeral durante a tempada estival en fins de semana.

Visitas para escolares durante o curso.

Máis información: 986 570 165 | Descarga aquí o folleto Rutas do Románico.

Ruta 1: san Miguel de Moreira, san Martiño de Riobó, santo Estevo de Oca, santa María de Loimil, san Pedro de Orazo, san Cristovo de Remesar, santo Tomé de Ancorados, san Pedro de Ancorados, santo Estevo de Lagartóns.

Ruta 2: san Xurxo de Codeseda, Santiago de Tabeirós, san Lourenzo de Ouzande, santa María de Frades, santa Mariña de Barcala, san Xoan de Santeles.