Sitios Arqueolóxicos

 

Castros de Barbude, Castrovite e San Miguel de Castro

O territorio estradense foi modelado polos seus habitantes ao longo de miles de anos. Nesta paisaxe cultural destacan os castros, aldeas fortificadas da Idade de Ferro que nesta comarca habitaron unha tribo de lingua céltica coñecida como Taberiolos.

Visitando Barbude, san Miguel de Castro e Castrovite descubrirás como estes asentamentos, construídos para ver e ser vistos, monumentalizaron a paisaxe estradense desde o s VIII a. C. ata ben entrada a Idade Media.

Barbude

Castrovite

San Miguel de Castro